O Concello constrúe un novo parque infantil en Monte Porreiro

58

Os concelleiros Luís Bará e Anxos Riveiro manteñen esta tarde, ás 19.00 horas, unha reunión con veciños de Monte Porreiro para presentar o proxecto de reforma do parque infantil da rúa Irlanda, unha obra que comezará mañá mesmo. Con este proxecto, os concelleiros delegado do barrio e de parques satisfacen unha demanda dos veciños dado que se trata dunha zona moi poblada.

O proxecto do Concello está valorado en 21.200 euros que implicará a construción dun novo parque infantil, aproveitando a ubicación do actual pero renovandoo totalmente, dende a superficie ata o valado, os xogos… A área infantil actual non cumpre a normativa vixente de parques infantís.

O proxecto contempla a instalación dunha nova superfice, valado perimetral de madeira, xogos como os muelles tipo flor, pony e xirasol; unha casiña de madeira; un castelo, tobogán, entre outros.

O concelleiro delegado do barrio de Monte Porreiro lembra que este é o sétimpo parque infantil do barrio. Están o do parque Central na praza de Europa, na rúa Reino Unido (ao lado da escola infantil), na rúa Portugal (no encontro coa rúa Alemaña), na rúa Armórica (preto da Uned) e outros dous no parque do Miradoiro: un de aventura (o máis recente), na rúa Dimarca e tamén no propio parque do Miradoiro, para nenos máis pequenos.