PECHE DA PONTE DO BARRIO DA SECA

19

 

O luns día 12 de Marzo se pechará a circulación de vehículos na ponte que atravesa o barrio da Seca, por mor das obras do tren de alta velocidade. Esta incidencia provoca que o barrio quede dividido en dúas zonas, e dependendo cara o punto de destino haberá que acceder dende un punto determinado. No plano que se achega se poden consultar os distintos accesos dependendo do destino. En vermello mostrase a zona afectada polo corte.