Tarxeta de aparcamento

170

é a autorización expedida polo Concello para que os residentes empadroados no concello poidan estacionar en prazas de aparcadoiro identificadas con reserva para persoas con problemas de mobilidade física.

Estar empadroado no concello e presentála documentación necesaria, son indispensables, para pode acceder a esta prestación.

Requisitos para obtención da tarxeta

Terán dereito á expedición da tarxeta de estacionamento aqueles veciños que reúnan os seguintes
requisitos:

Estar empadroado no municipio de Pontevedra, localidade onde formulará a súa solicitude. Ter recoñecida a condición de minusvalía, polos Equipos de Valoración e Orientación (EVO), dependentes das seccións de cualificación e valoración de minusvalidez Ter recoñecida a condición de mobilidade reducida (imposibilidade de uso do trasportepúblico), mediante ditame emitido polos Equipos de Valoración e Orientación de minusvalías.

Condicións de utilización

As condicións para a utilización da tarxeta de estacionamento son as seguintes:

1. A tarxeta será estritamente persoal e poderá ser utilizada en calquera vehículo no que setraslade seu titular, sexa ou non da súa propiedade e sexa ou non conducido por el.
2. Cando o titular da tarxeta sexa unha persoa xurídica a tarxeta deberá incluír a/as matrículas dos vehículos habilitados para transporta-las persoas con graves problemas de mobilidade

3. A tarxeta deberá ser colocada no parabrisas dianteiro, de xeito que seu anverso sexa visible e lexible desde o exterior do vehículo para seu control, si a autoridade competente o requirira.
4. O titular da tarxeta deberá levar o documento de Resolución de concesión da tarxeta sempre que faga uso dela, e cumprir as indicacións da Policía Local na interpretación das condicións discrecionais e/ou específicas do municipio.

Solicitude

1. Expediente iniciarase por instancia da persoa interesada, mediante impreso normalizado que se acompaña como Anexo I. O solicitante poderá ser o propio titular ou seu representante legal. A titularidade da tarxeta sempre será ostentada pola persoa que reúna os requisitos.
2. Cando o interesado represente a unha persoa xurídica o solicitante deberá ser o representante legal

A solicitude coa documentación presentaranse no rexistro xeral do Concello.

Solicitude da tarxeta de estacionamento para persoas con mobilidade reducida

Bando Municipal- Tarxeta de estacionamento para minusválidos (application/pdf 24.82 KB)

Accesibilidade.

link consellaria pension non contributiva

link consellaria residencia para persoas con discapacidade

link consellaria respiro familiar

link consellaria teleasistencia

Ver documento PDF