Mellora do entorno da piscina de Ponte Muíños

80

O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Medio Ambiente, Anxos Riveiro visitaron esta mañá os traballos de axardinamento e recuperación do entorno da piscina olímpica de Ponte Muíños.

Nesta zona, fixéronse plantacións de arbustos e tamén de flor de temporada ademais de recuperar un camiño de acceso á zona de estacionamento, e de poñer en valor todo o contorno da piscina.

Este traballo continuará no futuro poñendo en valor o resto do terrreo para ofrecer as melloras que estas instalacións deportivas merecen dado a gran afluencia de persoas que recibe a piscina cada día, e tamén para mellorar todo o entorno do barrio de Ponte Muíños.