Zafarrancho de limpeza en Estribela

85

O Concello de Pontevedra iniciou hoxe un zafarrancho de limpeza no casco urbano da parroquia de Lourizán, en Estribela, a cargo da empresa concesionaria do servizo, Cespa. O zafarrancho foi unha petición que se presentou no Consello Parroquial de Lourizán e que foi consensuado por parte do concelleiro delegado da parroquia, Demetrio Gómez, da empresa, da asociación de veciños e da Comunidade de Montes.

Os traballos comezan o luns, 12 de marzo, na rúa Montero Ríos (estrada C-550) dende a estación de servizo de Praceres ata a rotonda de entrada ao porto de Marín, en ambas marxes. Pero se prolongará durante varios días para abarcar a totalidade do casco urbano. As zonas que se limparán serán:

• Rúa do Areal. Praza da igrexa e contorno das zonas das pistas polideportivas.
• Rúa da praia, travesía lateral da autovía.
• Rúa Liñares e tramo da rúa do Santo dende rúa Almino ata Avelino Montero Ríos, 15 incluída a fonte.
• Rúa Almino, Outeiro e tramo dende fonte do Rial ata rúa Liñares.
• Rúa de Santo, tramo dende Montero Ríos ata Rúa Outeiro.
• Rúa Montero Ríos dende número 43 ata Super Bikokas, ambas marxes.
• Cambo dende o Bikokas ata cruce dos Cunchidos.
• Pinar de León, Martín Raxo e Rúa San Cristobal.
• Rúa dos Cunchidos e Camiño das Pedreiras do Medio.
• Montero Ríos, dende cruce dos Cunchidos ata límite con Marín, ambas marxes.

Os zafarranchos terán en conta sempre as actividades das mariscadoras na zona de Praceres (luns e martes) e a feira de Estribela os mércores.

Os veciños de cada unha das rúas estarán previamente advertidos con carteis informativos que se colocarán nas fachadas dos edificios, dado que algunhas das limpezas implican a retirada de vehículos para mellorar a eficiencia da limpeza, así como para evitar danos nos coches.

Demetrio Gómez confirmou que traballos coma este están sendo tratados e consensuados cos veciños, e aínda non figuran no Plan de Infraestruturas da parroquia. Cabe lembrar que todos aqueles traballos de mantemento, de escasa entidade, pequenos ou de urxencia… que fosen necesarios executar nas parroquias antes da elaboración do plan, iranse facendo en coordinación dos veciños durante estes primeiros meses nos que se pon en marcha toda a maquinaria do programa Pontevedra Participa!