Continúa o zafarrancho de limpeza na avenida de Uruguai

73

 A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, inicia continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza. Nesta semana limparánse a avenida de Uruguai entre a ponte da Barca e a ponte do Burgo,  na marxe dos edificios.

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona dende hoxe, aínda que a prohibición non será efectiva ata o xoves pola tarde.

  A limpeza desenvolverase con varredorias, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.