‘PELOS NA LINGUA’ de Talía Teatro no Pazo da Cultura

14

Lugar: Pazo da Cultura (rúa Alexandre Bóveda s/n)

Horario: 21:00 horas

Entradas: Venda anticipada en www.servinova.com e unha hora antes na billeteira do Pazo da Cultura a un prezo de 8,00 euros (5,00 euros estudantes, parados e xubilados)

 

Da man de Talía Teatro gozaremos deste espectáculo cargado de sorna e estruturado en esqueches que falan dos usos e abusos que sofre a lingua galega.

Pelos na lingua e unha comedia destinada a todo o mundo (e non esaxeramos), independentemente da súa posición respecto á lingua: aos galego falantes, aos que non o son, aos que queren selo pero non se atreven, aos que si queren selo e tomaron esa determinación, aos que non o falan porque non o saben falar ben, aos que lles dá igual que se fale ou non, aos que pensan que o galego debería ser a lingua universal, aos que pensan que debería ser o inglés a lingua universal, aos que cren que, aos que cren que a maioría dos galegos falan galego, a políticos, a mestres, a alumnos, a actores, a actrices, a carpinteiros, a carpinteiras, a todos e a todas. Ao mundo enteiro, independentemente da súa lingua.

Talía Teatro conta cunha traxectoria de vinte anos nos que estrearon arredor case trinta espectáculos. Distintos autores e autoras galegas participaron na creación deste último traballo que interpretan Artur Trillo, Toño Casais e María Ordóñez baixo a dirección de Avelino González.