O Concello e Palleiros estudan as melloras da canceira e futuras campañas de sensibilización cidadá

48

A concelleira de Sanidade, Pilar Comesaña e o concelleiro Raimundo González mantiveron esta tarde unha reunión coa Asociación protectora de animais “Palleiros” para facer un seguimento do cumprimento do convenio anual asinado entre o Concello e a asociación para a atención dos cans abandonados e o mantemento das instalacións da canceira de Pontevedra.

Na reunión abordáronse as distintas posibilidades de adecentamento da canceira actual, tendo en conta os recortes económicos derivados da crise e tamén das necesidades da canceira.

Outras cuestións que se trataron na reunión foi a posibilidade de realizar campañas conxuntas de sensibilización á población en diferentes eidos como a adopción de cans, a acollida…

Palleiros e a concellaría acordaron seguir mantendo próximas reunións para ir concretando as diferentes actuacións conxuntas.