Os rapaces do colexio de Parada (Campañó) estrean os roteiros de “Faise camiño ao andar”

71

O programa extraescolar “Faise camiño ao andar”, impulsado pola Concellería de Educación, comezou onte coa participación dos alumnos do colexio de Parada (Campañó).
O concelleiro Agustín Fernández considera que trátase dunha actividade interesante, pois os rapaces teñen ocasión de coñecer espazos naturais como o entorno do río Miño (Arbo-As Neves), o istmo Umia-O Grove, Cabo Udra e a senda costeira de Cangas, Porto do Son e o parque do Xurés e o xacemento romano Aquis Querquennis.
Desta volta participarán o colexio de Parada Campañó, a Escola de Educación Infantil de Verducido e o colexio de San Bieito de Lérez.
Cada centro participante poderá realizar dous roteiros. Teñen unha duración de xornada completa e contan co aliciente da presenza dun monitor medioambiental.
Os roteiros propostos son de doada realización, onde os de maior extensión serán modulados por descansos. En cada un deles entregarase a cada participante un mapa da ruta e documentación sinxela e atractiva sobre aspectos da mesma. O grupo irá sempre acompañado de botiquín de primeiros auxilios e teléfono móbil. Ao remate da xornada cumpliméntase unha enquisa de valoración.