Como é o traballo diario dos bombeiros?

68

O xurado do III Concurso de debuxos escolares sobre os Bombeiros reuniuse esta mañá e escolleu como gañador o debuxo de Carmen García Garrido, de primeiro de Primaria do colexio Sagrado Corazón de Jesús.

Este concurso está incluído dentro das actividades que programou o Servizo de Bombeiros con motivo da celebración do seu patrón, San Juan de Dios. Os participantes, nenos de primeiro e segundo de primaria, tiñan que expresar nun debuxo o traballo diario dos bombeiros.

Participaron neste certame -aberto a todos os centros de ensino da cidade- catro colexios: Sagrado Corazón de Jesús, Sagrado Corazón de Praceres, Doroteas e Campolongo, que achegaron 80 debuxos (20 por centro) previamente seleccionados polos centros.

O premio consiste nunha réplica a escala dun vehículos de bombeiros así como unha visita especial ao parque de bombeiros para toda a clase do gañador. Nesta visita recibirán un carné de bombeiro. A data está por concretar co centro.

O xurado estivo integrado polo xefe de Bombeiros, Manuel Torres, a concelleira de Seguridade Cidadá, Carme da Silva e o pedagogo da Concellaría de Educación.