SALÓN DO LIBRO: Programación sábado 17 de marzo

17

Lugar: Pazo da Cultura (rúa Alexandre Bóveda s/n)

Horario: Entre ás 11:00 horas e ás 17:00 horas.

Ás 11:00h., 12:30h, e pola tarde ás 17:00h. e ás 18:30h. horas chega á Sala de Obradoiros un dos espectáculos máis agardados do Salón: o concerto para bebés "Sorte Sortiña" de Golfiños. A través da historia da fada Margarida que ten moita, moita sorte, pero non atopa a verdadeira sorte ata unha sorpresa final que non vos podemos contar, gozaremos dun montón de cancións.
Recomendado para bebés entre 0 e 3 anos, ambas idades incluídas, podedes mercar a vosa entrada unha hora antes no Pazo a un prezo de 3,00 euros.
 
Ás 11:00h. no Recinto Feiral contaremos con unha das moitas novidades que oferta o Salón no seu programa: os xogos tradicionais "Xogando no mundo das tebras" coordinado pola Asociación Galega de Xogos tradicionais. O nenos e nenas de máis de 5 anos poderán realizar un percorrido por 12+1 xogos como a chave, o lanzamento de pucha, o aro, etc.
 
Seguimos con xogos no Recinto ás 16:00h. co Torneo aberto de Billarda, da Liga Nacional de Billarda. O mellor modo de pasar a tarde do sábado, sen dúbida.
 
E como cada tarde ás 17:00 horas: Tardes na Sala. Contaremos coa presenza de Ignacio Vilariño e o seu Contacontos da Fábula Galénica, de Consorcio Editorial. 

Máis información en www.salondolibro.org, Facebook  https://on.fb.me/xX2Q5b e Twitter