Comeza a instalación dos arcos da ponte das Correntes

63

Os pontevedreses poderán ver durante estes días como a ponte das Correntes vai collendo forma. Durante toda esta semana instalaranse os arcos que soportarán a estrutura, que poderán estar rematados este venres a mediodía.

Segundo explicou esta mañá o concelleiro de Infraestruturas, César Mosquera, a continuación comezará a instalación dos tensores de aceiro, que suxeitarán o taboleiro. Para continuar coa construción dos laterais da ponte: os pasos peonís e de bicicleta.

A Xunta de Goberno Local aprobou esta semana unha ampliación do prazo de entrega da obra proposto pola empresa para o 17 de maio. César Mosquera asegurou que agora os traballos van a moi boi ritmo, aínda que os técnicos municipais seguen estimando que a ponte non estará rematada antes do final da primavera ou primeiros do verán.