Pontevedra, ao corrente no pago de proveedores

74

O portavoz do Goberno, Raimundo González informou hoxe da certificafición emitida pola Intervención xeral do Concello de Pontevedra que indica:

"segundo os datos obrantes na contabilidade municipal non existen na data actual obrigas pendentes de pago no Concello de Pontevedra, nin das entidades dependentes Organismo Autónomo Instituto Municipal de Deportes, Organismo Autónomo Pazo de Congresos e Exposicións e Empresa Pública Turismo de Pontevedra, por facturas emitidas en execución de contratos de obra, servizos ou subministros incluídos no ámbito de aplicación do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, que fosen vencidas, líquidas e esixibles e cuxa recepción no rexistro municipal tivese lugar con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2012".-

O Goberno local deu conta ao pleno desta resolución.