Lugar: Salón de Actos do Pazo da Cultura (rúa Alexandre Bóveda s/n)
Horario: 12:00 horas
Entrada: Á venda dende unha hora antes na billeteira do Salón de Actos do Pazo da Cultura, a un prezo de 3,00 euros.
“Tic tac” é un libro-disco que combina música e ilustración para público infantil. Trátase dunha obra para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, como complemento das clases de Educación Musical.
Neste primeiro traballo musical en solitario, Pablo Díaz fai un percorrido por distintos ritmos cos que, dende a perspectiva do folk, abarca a universalidade da música, dende o xénero clásico ata o jazz, pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos latinos.
Recomendado entre 1 e 4 anos.