Zafarrancho no barrio da Seca

38

A Concellaría de Servizos, baixo a dirección da concelleira Carme da Silva, continúa esta semana cos zafarranchos de limpeza. Nesta semana limparase o barrio da Seca. As rúas serán: Francisco Añón, Costado, e rúa da Seca.

Os traballos desenvolveranse na madrugada e na mañá do xoves.

Dado que se trata de zonas de estacionamento de vehículos e de carga e descarga, colocaranse valos indicativos prohibindo o aparcamento en toda a zona dende hoxe, aínda que a prohibición non será efectiva ata o xoves pola tarde.

  A limpeza desenvolverase con varredorias, máquinas de auga e limpeza a pé. A concellaría solicita a colaboración de veciños e de condutores para acadar unha perfecta limpeza das rúas.