A Concellaría de Patrimonio histórico prepara a primeira Xeira do Patrimonio de Salcedo

48

A Concellaría de Patrimonio Histórico está a organizar a primeira Xeira do Patrimonio que se celebrará o vindeiro 21 de abril na parroquia de Salcedo. Para iso, a concellaría mantén esta tarde, a partir das 20.15 horas, no local da Comunidade de Montes de Salcedo unha reunión á que asistirá o concelleiro de Patrimonio, Luís Bará ademais de representantes da comunidade de montes, asociacións de veciños, banda de música, SCD Salcedo, ANPAS e Vaipolorío.

Cabe lembrar que  Goberno Local ten como liña principal de actuación neste mandato o rual, e nel o traballo arredor da recuperación, promoción e posta en valor do patrimonio histórico. A parroquia de Salcedo foi escollida para desenvolver unha experiencia de traballo integral arredor do patrimonio cutural e natural. A Xeira do patrimonio é a primeira peza deste proxecto que arrancará o vindeiro mes de abril.

Nesta Xeira teñen un especial protagonista pola súa colaboración as entidades da parroquia que integran o Consello Parroquial de Salcedo integrado pola Comunidade de Montes, Asociacións de Veciños Heroes do Campo da Porta, Salcedo Norte, Cabanas, San Martiño; Asociación Músico-Cultural San Martiño, Asociación Cultural Serpe Bichoca, Vaiporío, SCD Salcedo, ANPAS Cabanas e San Martiño.

A Xeira do Patrimonio contará con varias actividades e irá precedida doutras como conferencias ou andainas sobre a parroquia de Salcedo.