Benestar pide a colaboración do empresariado local para difundir Redeaxuda

42

A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces mantén esta tarde unha reunión con representantes do comercio e empresariado local para presentarlles a campaña de promoción e difusión de Redeaxuda.

Están convocados Aempe, AJE, Asociación de panadeiros, Zona Monumental, Asociación de Ximnasios, Cámara de Comercios, Asociacións de usuarios da praza, Asociación de Hostaleiros. Presentaráselles a campaña e pediráselles a súa colaboración que consistirá no reparto, entre os seus asociados, dos cubos de cartón nos que se publicita e se informa de que é Redeaxuda. O propósito é que coloquen estes cubos nos seus mostradores ou despachos, e dar a coñecer a Redeaxuda.

A Redeaxuda de Pontevedra é unha iniciativa que pretende crear sinerxias e facilitar a participación cidadá en relación coas entidades sociais de axuda ante situacións extremas.  Esta iniciativa está impulsada pola Concellaría de Benestar Social Municipal a partir de diversas xuntanzas nas que participaron as entidades asociativas adicadas a esta actividade e unha vez detectadas as posibles melloras que poderían facer máis eficiente o seu traballo social.  Esta iniciativa se materializa de dúas formas:  creando a propia rede, interconectando ás entidades, creando fichas identificativas sobre as funcións de cada unha, obxectivos, situación, contacto…; a través dunha xanela electrónica para favorecer a interación coa cidadanía e os medios de comunicación www.redeaxuda.com