Restauración analiza a man de Colón

72

A Concellaría de Patrimonio Histórico entregou esta mañá á Escola de Conservación de Restauración de Bens Culturais de Galicia a man da estátua de Colón dos xardíns das Palmeiras para que estude a peza e faga unha proposta de restauración da peza, de reposición e de conservación de toda a escultura.

A peza foi recibida pola directora do departamento de Escultura e tamén polo director do centro, de mans do concelleiro de Patrimonio Histórico, Luís Bará e do arquiveiro do Concello, Enrique Sotelo.

Ver documento PDF
Ver documento PDF