Los Chicos del Coro de Saint Marc en Novacaixagalicia

18

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 h.

Prezo: 21.50 – 26.50 euros.

 

O coro infantil de Saint- Marc foi creado en 1986 por Nicolas Porte, quen dende entón é o seu director.
Este conxunto mixto está composto por uns oitenta nenos de entre dez e quince anos, todo eles alumnos de secundaria do Colexio Saint- Marc de Lyon. Antes de entrar a formar parte do mesmo, uns cincuenta alumnos realizan un ciclo de formación que lles prepara e lles dota das nocións musicais necesarias. Dende 1995 forman parte da Escolanía da Basílica de Nôtre Dame de Fourvière polo que regularmente cantan nos oficios do santuario. Este repertorio de música sacra tamén o ofrecen por todo o mundo nas súas habituais xiras, xunto con interpretacións de música profana.