Ana Pastor visita o Concello

71

O Concello de Pontevedra recibiu onte pola tarde a visita da ministra de Fomento, Ana Pastor que foi recibida polo alcalde Miguel Anxo Fernández Lores e por unha gran parte da Corporación municipal. A ministra tratou na capital da provincia todos os asuntos que o ministerio ten pendentes ou en marcha no municipio ou na comarca como a evolución das obras do nó do Pino, a circunvalación e conexión de Pontevedra con Vigo e coa A-52, a plataforma loxística do porto de Marín-Pontevedra, a cesión da avenida de Compostela ou da PO-11, foron algúns dos temas tratados no encontro.

A visita da ministra supuxo unha reunión ao máis alto nivel en relación ás infraestruturas na cidade. De feito, na reunión tamén estaba o secretario de Estado de Infraestruturas, o delegado do Goberno, o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e o presidente da Deputación, Rafael Louzán.

Dentro do protocolo da visita, a ministra asinou no LIbro de honra do concello e mantivo unha reunión cos portavoces dos grupos municipais, para despois manter un encontro dos medios de comunicación.

Ver documento PDF