CITA. Exposición permanente do Centro de Interpretación das Torres Arcebispais

35

Rúa Mestre Mateo, 1 – Avenida de Santa María. Pontevedra

Horario: de mércores a domingo de 11 a 14 h. e os venres e sábados tamén de 18 a 21 h.

Un percorrido  audiovisual pola historia de Pontevedra a través de tres partes ben diferenciadas que conforman este centro museográfico. Dentro atoparemos unha maqueta da antiga edificación, pantallas táctiles sobre a historia da cidade e xogos pedagóxicos interactivos. Restos de moedas e cerámica atopados na excavación. Cruzando unha pasarela están os  vestixios da ponte levadiza que daba acceso ao pazo e varios proxectís de catapultas.