Edificio Castro Monteagudo. Exposición permanente do Museo Provincial

22

Edificio Castro Monteagudo é a sede fundacional do Museo de Pontevedra, que abriu as súas portas no mes de agosto de 1929. Levantado na segunda metade do século XVIII, custodia pratería (civil e relixiosa) e pintura non galega (épocas gótica, renacentista e barroca).

Horario de visita: de martes a sábado de 10:00 a 21:00 h. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.