Edificio García Flórez. Exposición permanente do Museo Provincial

21

O Edificio García Flórez, construído a finais do século XVIII, incorporouse ao Museo de Pontevedra en 1943. Nel reciben acomodo as coleccións de acibeche, Iconografía de Santiago, Gravado compostelán, Escultura relixiosa, olaría popular, vidros de La Granja e artesanías do ferro, o liño e a la, así como unha cociña tradicional galega, salas navais, con espazos específicos dedicados ós Mareantes, Méndez Núñez e a Fragata Numancia.

Horario de visita: de martes a sábado de 10:00 a 21:00 h. Domingos e festivos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.