PROBA EN GALEGO. Campaña de dinamización do empresariado e do comercio local

19

 

Lugar: Colexio de Xestores Administrativos (Rúa Blanco Porto, 9 – 1º)

Horario: 21 h.

 

“Experiencia práctica do uso do galego”, a cargo de Roberto Rivas, da Adega Moraima.

 

Roberto Rivas é licenciado en Historia e viticultor desde hai moitos anos. É o presidente da Asociación Galega de Viticultura e forma parte da sociedade cooperativa Viña Moraima. Esta é a cooperativa máis pequena da denominación de orixe Rías Baixas, e tamén é a máis nova (2006) das 11 adegas asociadas na zona de Barro. Está formada por  pequenos produtores que facían viño de cepas centenarias e que se agruparon para pasar ao sector elaborador.


O seu non é só un proxecto económico, senón que tamén buscan a revitalización da viticultura no concello de Barro. A filosofía da empresa é primar a calidade sobre a produción nas dúas marcas que comercializan: Moraima, en homenaxe ao poema de Celso Emilio Ferreiro (o seu proxecto tamén é unha historia de amor á lingua, á terra e á viticultura) e Aba de Trasumia, que veñen de crear este ano.

 

Campaña de dinamización do empresariado e do comercio local. Promovida polo Sevizo de Normalización Lingüistica.

+info:  rúa Churruchaos, 2 – 3º andar. Teléfono 986 100 185, ext. 7041. normalización lingüistica@concellopontevedra.es

 

 

Ver documento PDF