Visitas guiadas no Café Moderno

13

Lugar: Centro Cultural Novacaixagalicia – Café Moderno. Rúa Augusto González Besada, 1.

Pódense organizar visitas guíadas, tanto para escolares coma para adultos, para coñecer as instalacións do Café Moderno e as exposicións que acolle, previa concertación no teléfono 986 129 032.

Ata o 20 de xaneiro de 2013, os asistentes á exposición ""Picasso. O equibrio e a vertixe" poderán gozar todos os xoves ás 19 h. dunha visita guiada. Os centros escolares, colectivos ou asociacións, que así o soliciten, poden acordar tamén visitas a "Picasso. O equibrio e a vertixe" chamando ao 986 864 612.

"Picasso. O equibrio e a vertixe" estará aberta ao público ata o próximo 20 de xaneiro de 2013, ofrecendo un repaso da obra gráfica do artista malagueño que, ademais de poder ser concretada nun tempo específico da súa traxectoria profesional, tamén se pode estruturar en función da temática e da forma dominantes en cada un dos sesenta e dous gravados presentes na citada exposición. As naturezas mortas, os grupos femininos, o pintor e o seu modelo e as representacións surrealistas conforman as catro seccións en que se divide "Picasso. O equibrio e a vertixe".