SALÓN DO LIBRO: Programación martes 27 marzo.

16

 

Lugar: Pazo da Cultura (rúa Alxendre Bóveda s/n)
 
17:00 horas na Sala de Exposicións – Tardes na Sala: Contacontos "Mortos de ningures" de Everest Galicia. Un contacontos interactivo que parte das ideas dos nenos tras visionar unhas imaxes. Recomendado a partir de 8 anos.
 
18:30 horas no Auditorio do Pazo da Cultura: "O sapo encantado" de Títeres Tres Dedos. Leticia todo noticia, informa sobre o terrible meigallo que sufre o Principe Croberto, convertido en sapo pola Meiga Maleira. Voltará a ter apariencia de principe se consigue que unha princesa lle de un bico de amor. Os nenos e nenas teñen a misión de que a princesa Narcisa lle de un bico de amor ó principe Croberto que ten forma de sapo.
Un espectáculo de títeres bocones, recomendado a partir de 4 anos.
Venda de entradas unha hora antes na billeteira do auditorio a un prezo de 3€..

 
19:30 horas na Sala de Exposicións: Presentación do libro "Jack e a morte de Tim Bowley" de OQO Editora. Contacontos para adultos.
 
SORTEO!!: Ata este mércores, 28 de marzo, podedes deixar o voso "Desexo de Boa Sorte" na nosa furna para participar no sorteo que se celebrará o vindeiro mércores ás 18:00 horas nas Tardes na Sala.
 
Máis información en www.salondolibro.org, Facebook  https://on.fb.me/xX2Q5b e Twitter