Comeza a limpeza da area dos parques infantís do concello

83

O departamento de Parques e Xardíns do Concello, que dirixe a concelleira Anxos Riveiro, iniciou hoxe mesmo traballos de saneamento de todos os areneiros infantís da cidade. As labores comezaron polo areneiro da praza de Barcelos que estará pechado unhas horas para obter unha correcta limpeza da área.

Os traballos consisten na retirada de toda a area, a limpeza en profundidade de todo o ámbito e a reposición de area nova, lavada e de calidade. E aproveitando estas tarefas, tamén se repararán e substituirán algunhas pezas dos elementos de xogo que están en mal estado polo seu uso.

Este foi o procedemento que se empregou hoxe no areneiro de Barcelos, e que se repetirá noutros da cidade como o parque da Seta en Campolongo, en Mollavao, en San Blas, A Illa do Cobo, e noutros parques do rural.

Cabe lembrar que son habituais os traballos de limpeza da area dos parques infantís, aínda que é a primeira vez que se retira totalmente para a súa reposición integral, seguindo as instrucións técnicas.