Inician traballos de limpeza e mantemento na praza do Peirao e Valentín García Escudero

59

A Concellaría de Patrimonio Histórico inicia nestes días traballos de limpeza, conservación e mantemento do ámbito do xacemento arqueolóxico de Valentín García Escudero e da praza do Peirao. Son labores incluídos dentro do mantemento habitual do centro histórico.

En Valentín García Escudero faranse traballos de limpeza e conservación para mellorar o aspecto do xacemento. Roza de herbas, limpeza de lixo, reposición de malla de cubrición, reparación do valado de peche perimetral e pequenos traballos de consolidación de estruturas, son algunhas das tarefas que se farán nesta zona.

Na praza do Peirao está previsto mellorar o contorno coa retirada dos morróns da praza, reparación do valado dos xardíns que bordean á fonte, limpeza e sinalización da réplica do miliario, mellora estética do peche da parcela do colexio de arquitectos…

Estes traballos están incluídos dentro do mantemento habitual do centro histórico que nestes días acomete outros labores como a reposición de todas as tapas de rexisto que están rotas nas rúas Sarmiento e Real, e na praza de Curros Enríquez.