O Concello solicita a Educación a desafectación do colexio dos Campos

78

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a desafectación do antigo centro preescolar dos Campos, na parroquia de Mourente. Segundo explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González, o Concello trasladou unha petición á Consellería de Educación para que desafecte este edificio, que estaba cedido para uso escolar, e regrese ao patrimonio municipal co propósito de darlle un uso social.