Redeaxuda desactiva a emerxencia de Cáritas

43

Redeaxuda xa desactivou a alerta de Cáritas coa que, a pasada semana, solicitaba recursos para familias en situación de extrema emerxencia.

A Concellaría de Benestar Social Municipal quere agradecer a solidaridade dos pontevedreses por dar unha resposta tan rápida a esta petición (en apenas dous días), como se recolle na páxina web www.redeaxuda.com

Tamén quere instar aos pontevedreses a continuar vendo con asiduidade a páxina web na que se informan das necesidades das asociacións do concello que traballan no eido das necesidades básicas da poboación.