SALÓN DO LIBRO: “Nubes” de Aracaladanza no Pazo

16

Lugar: Auditorio do Pazo da Cultura (rúa Alexandre Bóveda s/n)

Hora: 19:30 horas

Entrada: Venda anticipada de entradas unha hora antes na billeteira do auditorio a un prezo de 5€ para adultos e 3€ para nenos/nenas.

 

Aracaladanza amosa unha profunda fascinación polo universo onírico, surreal, máxico e fantástico nado do pincel de Magritte. Sen concesións gratuitas e innecesarias, o pintor belga realizou un traballo libre no que os obxectos (ou mellor dito a súa representación artística) se constituen nos verdadeiros protagonistas do feito artístico.

A posibilidade de atopar inspiración na concepción creativa e nas potentes imaxes pintadas por Magritte foi tomando forma tras a estrea de Pequeños Paraísos, obra baseada en “El Jardín de las Delicias”, un cadro de Jerónimo Bosch, El Bosco.

E así, Nubes convertiuse na segunda obra dunha serie que desexa encontrar a inspiración na maxia que emanan algúns xenios da pintura coma El Bosco, Magritte, Miró e El Greco. Nubes é un traballo no que o absurdo se convirte en motor artístico e no que se profundiza na marca da compañía: a relación da danza cos obxectos aos que se troca en protagonistas.

Entradas á venda unha hora antes na billeteira do Auditorio a un prezo de 8 euros para adultos e 5 para nenos.