BEN VEÑAS, MAIO. CURSO 2011/2012

15

 

Os certames que se organizarán neste ano serán:

• X Certame de Fotografía
• XVIII Certame de Banda Deseñada
• XVIII Certame de Narración Curta
• X Certame de Poesía
• XII Certame Musical

 

Bases Xerais para todos os certames (agás o musical):

Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.

 

Ver documento PDF