X CERTAME DE FOTOGRAFÍA BEN VEÑAS, MAIO

13

 

As fotografías deberán recoller algunha imaxe que represente un uso anómalo ou curioso da lingua galega en rótulos, pancartas, faixas publicitarias, pintadas, indicadores, etc.


Cada fotografía achegarase cun comentario en galego que xustifique o interese da imaxe obtida, así como o lugar e a data de obtención. A técnica fotográfica e o tamaño serán libres.


Os premios serán os seguintes:
Primeiro premio: 150 € e lote de libros
Segundo premio: 75 € e lote de libros

 

Bases Xerais:Entre as actividades que o Concello de Pontevedra organiza para promover a lingua galega, figura a a iniciativa “Ben Veñas, Maio”. De acordo cos obxectivos da programación para a normalización da lingua galega entre a mocidade, Ben Veñas, Maio procura acadar unha maior utilización do idioma galego por parte das xeracións máis novas, promovendo a presenza da lingua en actividades especialmente dirixidas a adolescentes e que incentiven tanto a creatividade, a participación e a comunicación en galego, como a reflexión sobre o uso e a situación da nosa lingua. Todos os apartados están dirixidos ao alumnado dos centros de ensino secundario do concello de Pontevedra.

Ver documento PDF