XII CERTAME MUSICAL BEN VEÑAS, MAIO

25

Lugar: Pazo da Cultura

 

Poderán participar todos os grupos musicais e/ou solistas sempre que a maioría dos seus compoñentes estean matriculados/as nalgún instituto de Pontevedra. Ningunha persoa poderá participar en máis dun grupo.

Cada grupo ou solista interpretará dúas pezas orixinais, en calquera estilo musical, de xeito que as súas letras se axusten ás condicións seguintes: o texto
da primeira peza será un poema de autoría propia; o texto da segunda peza será dun poeta ou dunha poetisa con obra en galego. En ambos os dous casos, os textos deben ser en galego. Asemade, a presentación do grupo e das cancións, ao igual que calquera tipo de manifestación de carácter oral dirixida ao público, deberá facerse en lingua galega. Os textos das cancións deberán ser entregados á Comisión Organizadora unha semana antes da celebración do concurso.


As inscricións dos/as participantes faranse diante dos profesores/as que coordinen o ENDL de cada centro. O prazo rematará o martes 10 de abril.

 

A celebración do certame será o 26 de maio, sábado, no Pazo da Cultura, e a hora de comezo anunciarase oportunamente. O acto será público.

 

A coordinadora dos ENDL nomeará un xurado que decidirá os tres primeiros grupos ou solistas clasificados que recibirán os seguintes premios:
Primeiro premio: 400 € e diploma
Segundo premio: 350 € e diploma
Terceiro premio: 150 € e diploma


O anuncio do veredicto do xurado e a entrega dos premios realizaranse ao remate do propio certame. A interpretación destas bases corresponde ao xurado. O seu veredicto será inapelable.

Ver documento PDF