Conferencia sobre a represión franquista na parroquia de Salcedo. Actividades previas da I Xeira do Patrimonio do Rural

16

Lugar: Casa da Sociedade de Salcedo.

Hora: 20:30 h.

 

Conferencia sobre a represión franquista na parroquia de Salcedo a cargo de Xosé Álvarez Castro (profesor e historiador). A partir das 20.30 horas na Casa da Sociedade de Salcedo.

 

O vindeiro sábado 21 de abril vai ter lugar a 1ª Xeira do Patrimonio do Rural, unha iniciativa de dinamización do patrimonio cultural das parroquias que nesta primeira edición vaise celebrar na parroquia de Salcedo. As xeiras do patrimonio teñen a intención de crear complicidades, de xerar orgullo e autoestima, de facernos felices compartindo a festa, a conversa, a andaina, o lecer, a memoria e o porvir. Sabemos da enorme riqueza de bens materiais e inmateriais que atesouran as parroquias, e queremos que sexan fonte de iniciativas, de dinamismo, de novos proxectos para construírmos entre todos un rural máis activo, máis unido e máis comprometido co seu futuro.

 

A Xeira do Patrimonio é unha iniciativa compartida polo Concello de Pontevedra e as asociacións veciñais, de montes, culturais, deportivas, de nais e pais…, aberta a todas as asociacións e persoas que se animen a compartir este tempo de festa, de conversa e de arelas comúns. No caso de estardes interesados en participar no xantar (prezo 12 euros/6 para nenos e nenas ata 8 anos) podedes poñervos en contacto con algunha das asociacións de Salcedo ata o domingo 15 de abril.


Vinde celebrar o patrimonio común construído pola xente traballadora ao longo dos séculos porque é un tesouro que temos que compartir e animar cada día para que teña un vizoso porvir.

 

Ver documento PDF