Apoio institucional á Plataforma SOS Fragas do Eume

78

A Xunta de Goberno Local fixo esta mañá un apoio expreso ás manifestacións convocadas pola Plataforma SOS Fragas do Eume. No caso de Pontevedra a concentración está prevista para as 20.30 horas de hoxe, na praza da Ferraría.

O portavoz do Goberno, Raimundo González, destacou hoxe "o grave desastre ecolóxico dos lumes da Fraga do Eume" resultado "dunha política forestal que non é clara e consecuencia do recorte de medios e da non prevención".