O Concello prorroga o convenio do transporte de Monte Porreiro

56

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a prórroga do convenio con Autocares Rías Baixas para subvencionar o transporte público ao barrio de Monte Porreiro. O convenio foi asinado en febreiro de 2009 logo dun acordo entre o Concello e a concesionaria desta liña de transporte. O Concello comprométese a subvencionar con 0,30 euros o importe do billete a partir da viaxe 17, con independencia dos beneficios que xa aplique a propia empresa.

Seguindo estes datos, o importe medio do billete sitúase en 0,49 euros. E de empregar 80 viaxes ao mes o billete ten un custe de 0,09 euros.

Raimundo González, portavoz do Goberno, explicou esta mañá que o Goberno Local continúa esta colaboración en beneficio dos veciños de Monte Porreiro independentemente da situación económica porque reporta beneficios aos residentes no barrio