“Los Virtuosos de la Danza” no Centro Social Novacaixagalicia

16

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 horas.

Prezo: de 19,10 a 26,50 €. Entradas a venda en www.servinova.com e no teléfono 902 43 44 43.

 

Unha homenaxe sen precedentes ás grandes figuras da danza do século XX a través dalgunhas das obras que formaron parte do seu repertorio.

Directores Artísticos: Marta García e Orlando Salgado

Grupo  de baile: Bárbara García , Ernesto Álvarez (Primeiros bailaríns Ballet Nacional de Cuba). Guzel Suleymanova e Dimitri Marasanov ( estrelas do Ballet Estatal do Teatro da Ópera de Bashkirian). Anja Ahein e Mamdouh Hassan (estrelas do Ballet Estatal do Teatro da Ópera do Cairo). Francesco Pacelli e Lara Guidetti (coreógrafos e primeiros bailaríns da Compañía Sanpapié de Italia). Yulia Herrera (Primeira Bailarina. Cuba)

 Os Virtuosos é unha homenaxe ás grandes figuras da danza do século XX: Nijinsky, Alicia Alonso, Isadora Duncan, Ana Pavlova, Nureyev… artistas todos que crearon escola,  que impulsaron a técnica e a interpretación elevando a danza ás súas cotas máis altas. O seu talento, disciplina e rigor fíxolles brillar nos grandes escenarios do mundo. Os Virtuosos  recolle ese espírito, esa enerxía e carácter dos que foron grandes mestres e intérpretes da danza. A súa inspiración e o seu tesón  por alcanzar o que para moitos parecía inalcanzable, dignificou a profesión do bailarín converténdolles en verdadeiros símbolos. Transcenderon o artístico para converterse tamén nun fenómeno sociolóxico e cultural da época. A posta en escena desta gala homenaxe incorpora proxeccións, voces, sons, que evocan o seu esplendor. Nove grandes intérpretes do  ballet clásico e a danza contemporánea actual fan un tributo ao seu espírito e xenialidade.