Concerto dirixido por Wim Mertens en Novacaixagalicia

22

Lugar: Centro Social Novacaixagalicia

Hora: 20:30 horas.

Prezo: 24,50€ – 26,50€. Entradas anticipadas á venda en www.servinova.com e no teléfono 902 504 500.

 

Con este novo album dobre, o compositor Wim Mertens logra unha amplísima escala musical; En total, máis de 30 músicos participaron nesta ambiciosa produción.

 

Unha escala completa de cordas, guitarras, arpa e mesmo un clavicémbalo (é a primeira vez que Mertens incorpora este instrumento na súa música), aseguran un son de Gran Orquestra, e un desenvolvemento atractivísimo da paleta do compositor.

 

Nesta produción foron incluídos varios dos  encargos solicitados a Mertens para diversos proxectos, por exemplo a música para o desfile de Dior en Paris en 2008 (In.Zones and Tactility), ou a música composta no contexto da presidencia belga do Consello da Unión Europea, que á súa vez foi utilizada tamén para o pavillón belga na Exposición Universal de Xangai (Oeuvrer, 2010).

 

Wim Mertens volve ao noso país para presentarnos este novo traballo, onde a intensidade e o inesperado do directo farannos comprobar a flexibilidade da partitura na obra de Mertens.