Máis de 240 escolares do municipio coñecerán a Ruta do Almofrei

91

O Concello de Pontevedra volve a colaborar coa Comunidade de Montes do Salgueiral, en Bora, na organización das terceiras andainas fluviais polos ríos Lérez e Almofrei para centros escolares. O concelleiro delegado da parroquia de Bora, Demetrio Gómez, indicou que o Concello non pode facer outra cousa que non sexa colaborar con este tipo de iniciativas que permite dar a coñecer a riqueza dos nosos montes e o traballo da comunidade nos montes.

Nestas visitas participarán 243 escolares e profesores dende 5º de Primaria ata 1º da ESO dos centros: CEIP San Benito de Lérez, CEIP Parada Campañó, IES Valle Inclán, CEIP San André de Xeve, e Sagrado Corazón de Praceres.

As visitas comezarán o luns, 16 de abril coa  participación de 21 escolares e profesores de 5º de Primaria do CEIP San Benito de Lérez. O remate está previsto para o 29 de maio.