Mañá comeza Galegote rock

53

A Concellaría de Normalización Lingüística e de Xuventude organiza en colaboración coa sala Karma "Galegote rock", un programa de concertos de bandas galegas co que se pretende levar a normalización lingüística aos mozos "que é a franxa de idade máis difícil de chegar dende o punto de vista das institucións", segundo explicou o concelleiro Demetrio Gómez.

Galegote rock comeza mañá mesmo coa actuación de Roger de Flor e o marqués das Vinhas no Pequeno Karma. A seguinte actuación será o 20 de abril a cargo de Ruxe Ruxe.