“NON TE CONSUMAS”. Exposición na Biblioteca Pública

25

Lugar: Biblioteca Pública de Pontevedra

Horario: de 09 a 21 horas.

 

Amarante Setem presenta a súa nova e última exposición "NON TE CONSUMAS", na Biblioteca Pública de Pontevedra (r/ Alfonso XIII, 3) o próximo xoves 12 de Abril ás 18:00 horas.


A inauguración correrá a cargo de un dos seus creadores, Xulio Troitiño, Coordinador do grupo local de AMARANTE en Pontevedra, quen fará un percorrido polas distintas partes que a forman, explicando o seu contido.


O ágape farase con produtos de Comercio Xusto, para degustar e saborear unha das alternativas de consumo que propón esta exposición.

Temaática da Exposición "NON TE CONSUMAS": O CONSUMO RESPONSABLE

Esta exposición, elaborada por AMARANTE no 2011, fai un percorrido sobre o modelo de consumo que temos e as súas consecuencias, para ir dando pasos cara outro modelo de consumo responsable.

Así, dun xeito máis incisivo, ou a través de consellos, faise unha reflexión para mudar hábitos e ir cara un mundo máis xusto, solidario e sostible.

Entre os temas que trata están as desigualdades no consumo, a contaminación, a auga, a enerxía, o transporte, a reciclaxe, o consumo responsable, o comercio xusto, as finanzas éticas, a alimentación e a roupa.