O CEIP Marcos da Portela recibe a exposición “Castelao para nenos e nenas”

73

A Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra cedeu temporalmente, ao CEIP Marcos da Portela, a exposición “Castelao para nenos e nenas”.

Esta exposición, formada por 18 paneis, estará exposta no centro do 11 ao 27 de abril. Conta cunha parte con debuxos de Pepe Carreiro elaborados a partir do seu libro sobre Castelao. Hai paneis formados polas capas de libros de Castelao, debuxos centrados principalmente na temática dos nenos e dos animais e, tamén, algunhas fotografías que ilustran a súa vida desde a súa nenez ata a súa morte.

Aqueles centros de ensino, asociacións ou entidades que desexen dispoñer temporalmente e de balde desta exposición, deben dirixirse ao:

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra
Rúa dos Churruchaos, núm. 2, 3º andar
Tel. 986 100 185 (ext. 7041 ou 7042)
Fax. 986 851 800