Sabarís terá local de reunión dos veciños

80

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a adxudicación á empresa GPD da construción da casa da cultura do lugar de Sabarís, na parroquia de Alba. O portavoz do Goberno Local, Raimundo González explicou que se trata dun vello compromiso que adquirira o Concello coa Asociación de veciños de Sabarís, e dos lugares próximos. Cabe lembrar que Sabarís é un lugar da parroquia de Campañó moi alonxado do centro parroquial, lindante coa parroquia de Alba.

Raimundo González explicou que a asociación de veciños non dispoñía de terreos, polo que se cedeu unha parcela de monte comunal, situada no núcleo rural de Sabarís. Ao tratarse de monte comunal, o proceso de legalización e cesión ao Concello foi moi lento e longo.

O novo local terá unha superficie de 140 metros cadrados disbribuídos en semisótano e planta baixa. Disporá de aseos, almacén, unha sala multiusos e un escenario, por si tivera que acoller algunha actuación. O investimento deste edificio de nova planta é de 175.0675,53 euros.

A construción do novo local social de Sabarís "entra na idea de dotar a todas as parroquias dun espazo no que se poidan reunir os veciños e fomentar as relacións veciñais", explicou o portavoz do Goberno, Raimundo González Carballo.