Stand de Comercio Xusto na Estación de Ferrocarril (ADIF)

25

Lugar: Vestíbulo da Estación de Ferrocarril de Pontevedra (ADIF)

Esta campaña realizarase de maneira simultánea noutras 7 estacións ferroviarias de España.

Horario: Xoves 19 (11h – 13:30h, 17h – 20h) e venres 20 (11h – 13:30h, 17:30h – 21h)

 

Do xoves 19 ó venres 20, AMARANTE terá un stand de Comercio Xusto na estación de Adif de Pontevedra, no cal se poderá coñecer de preto en que consiste esta alternativa comercial, cuxo fin é lograr un mundo máis xusto, así como adquirir produtos de artesanía ou alimentación.


Desta maneira, as estacións ferroviarias únense á campaña "Para gozar dun bo café, non fai falta que acabe moído ninguén", coa que se pretende destacar que o Comercio Xusto beneficia @sconsumidor@s, xa que se trata de produtos de gran calidade, elaborados con materias primas naturais e a través de procesos ecolóxicos. Pero tamén beneficia ás persoas que os elaboran, xa que se garanten os seus dereitos laborais e unha calidade de vida digna. Ademais, no Comercio Xusto non existe explotación laboral infantil e promóvese a participación da muller nos órganos de decisión dos grupos produtores.