Aberta a ponte da rúa da Maré

67

Dende hoxe quedou aberta ao tráfico a ponte da rúa da Maré que estivo pechada ao tráfico durante varias semanas con motivo das obras do Tren do Eixo Atlántico ao seu paso pola cidade.

Este viario conecta a avenida de Bos Aires (antes da praia fluvial) coa zona dos Campos (non o barrio da Seca, como se informaba onte), e mellora o acceso ao barrio do Outeiro na parroquia de Mourente, xa que co peche da ponte os veciños tiñan que facer un percorrido moi longo para poder acceder ás súas vivendas.