Comezan os traballos de seguridade viaria e eliminación de barreiras na rúa Maruxa Mallo

71

A Concellaría de Mobilidade, que dirixe Luís Bará, inicou onte as obras de eliminación de barreiras e calmado do tráfico na rúa Maruxa Mallo, diante da escola infantil da Parda.

Os traballos consisten na instalación dun paso de peóns elevado a petición tanto da Asociación de veciños Manuel Quiroga como da ANPA da Escola Infantil do barrio.

Estas mesmas obras trasladaranse nos vindeiros días á rúa do Campo Santo, onde tamén se habilitará un paso de peóns elevado para mellorar a seguridade viaria na zona, e eliminar as barreiras arquitectónicas.