Exposición. “XERACIÓN 80: a natureza dos estados intencionais da muller”

22

Lugar: Sala de Exposicións do Pazo da Cultura.

Horario: de martes a venres de 17.00 h. a 21.00h.; Sábados de 11.00h. a 14.00h. e de 17.00h. a 21.00h. Domingos e festivos de 11.00h. a 14.00h. Luns pechada.

 

Dez mulleres, dous nexos de unión: A xeración dos 80 e ter pasado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

 

A Sala de Exposicións do Pazo da Cultura, no seu afán de converterse non espazo de mostra para xoves e talentosos/as artistas, acollerá esta exposición composta por pinturas, esculturas, performances, video-creacións e outras expresións artísticas que dende un pensamento crítico estudan, analizan executan e presentan a imaxe feminina.

 

A partir da obra "Intencionality" de John R. Searle, que fai referencia á intencionalidades que hai detrás de cada expresión verbal, promovida por sentimentos como o medo, o desexo ou amor, e con motivo do 50 cabodano de Marilyn Monroe, este proxecto artístico afonda na creación do mito da actriz. Convertida nun modelo de muller influenciado polas súas teimas e frustracións que chegaron a traspasar os límites da realidade e fixeron confundir a persoa e o personaxe.