Visita aos Muíños do Batán, en Salcedo, que serán recuperados e postos en valor

51

Os concelleiros de Patrimonio Histórico, Luís Bará e o concelleiro delegado da parroquia de Salcedo, Demetrio Gómez visitaron esta mañá os traballos de roza e limpeza que realizaron a Comunidade de Montes de Salcedo e a Asociación de veciños Heroes do Campo da Porta no ámbito dos Muíños do Batán.

Trátase dun espazo de grande beleza e interese patrimonial nos que está prevista unha actuación de recuperación e posta e valor por parte do Concello de Pontevedra. Además, este conxunto patrimonial está incluído dentro da andaina proxectada pola parroquia de Salcedo para este domingo, inscrita dentro das actividades da primeira Xeira do Patrimonio da parroquia de Salcedo que promove a Concellaría de Patrimonio Histórico en colaboración coas entidades e asociacións da parroquia.