Volve Pontepoética

50

O Teatro Principal acollerá o vindeiro fin de semana, 20 e 21 de abril a segunda edición de PontePoética, festival de poesía que foi presentado esta mañá no Concello de Pontevedra pola concellaría de Cultura, Anxos Riveiro, a directora do certame, Yolanda Castaño e o representante do Ateneo de Pontevedra, Antón Sobral.

Anxos Riveiro califiou este certame como "o fito cultural da primavera no concello" e suporá a posibilidade gozar en direto dos mellores poetas que hai  nestes momentos no panorama cultural internacional.

Os poetas que participarán nesta edición son:

Venres, 20 de abril

18.30 horas. Recital de : Dores Tembrás, Edorta Jiménez e Xosé María Álvarez Cáccamo

20.00 horas. Recital de : Estevo Creus, María Eloy-García e Eduard Escoffet.

 

Sábado, 21 de abril

17.00 horas. Recital de : Estíbaliz Espinosa, Veronika Dintinjana, Nuno Júdice

18.30 horas. Recital final con todos os poetas participantes e clausura do Festival PontePoética: María Eloy-García, Eduard Escoffet, Dores Tembrás, Xosé Mária Álvarez Cáccamo, Edorta Jiménez, Estevo Creus, Veronika Dintinjana, Estíbaliz Espinosa, Nuno Júdice.